Monday 16 de September de 2024

Calcinado un vehículo no aparcadoiro da praia de Cabío, na parroquia de Xobre, no Concello de Pobra do Caramiñal


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, recibiron unha chamada ao redor das 02:30 horas desta madrugada, alertando dun incendio nun vehículo na zona de aparcadoiro da praia de Cabío, pertencente á parroquia de Xobre no Concello da Pobra do Caramiñal.

Á chegada ao lugar, o coche afectado estaba situado ao carón dun colector completamente calcinado, polo que se supón que as lapas se propagaron desde este ao vehículo.

O operativo consistiu na extinción do lume no interior e exterior do vehículo. Nel participaron tamén a Garda Civil de Boiro e Protección Civil da Pobra do Caramiñal.